RGPD - Cookies
Galicia

O PP oponse ao uso do galego, catalán e euskera no Senado, porque «é unha Cámara nacional formada por españois»

Ao tempo, o PSOE tentará retrasar a entrada en vigor da reforma do regulamento da Cámara Alta ate 2011 e limitar o seu alcance aos debates das mocións, non permitindo o uso do euskera, catalán e galego nas sesións de control ao Goberno.

SenadoO Grupo Popular do Senado ven de rexistrar tres enmendas á proposición de reforma do Regulamento daquela Cámara co obxectivo de impedir a xeneralización na mesma das lingua cooficiais en Euskadi, Cataluña e Galicia. Ao tempo, o PSOE tentará retrasar a entrada en vigor desta reforma ate 2011 e limitar o seu alcance aos debates das mocións, non permitindo o uso do euskera, catalán e galego nas sesións de control ao Goberno.

O PP rexeita a proposta porque, ao seu xuizo, a Constitución deixa craro que o uso das lenguas cooficiais debe limitarse ao ámbito da súa comunidade e ás súas institucións. “O Senado é unha Cámara nacional, formada por españois, que representa ao pobo español que teñen o deber de coñecer a lingua oficial común que é o castelán e, porén, o castelán debe ser a lingua a empregar nas actividades do Senado”, aseguran os representantes populares.

También te puede interesar