RGPD - Cookies
Cultura

Espacio Atlántico abrirá as portas o 7 de abril do ano que ven en Ifevi, apostando pola contemporaneidade

espacio_positivo_pq/espacioatlantico.comEspacio Atlántico cambia de datas, amplía o programa e remodela a súa dirección artística para a quinta edición. A mesma terá lugar de 0 7 ao 10 de abril de 2011, buscando unha mellor ubicación no calendario Feira internacional, aínda que manterá o escenario: o Instituto Feiral de Vigo (IFEVI).

Así o explicaron hoxe en rolda de prensa a comisaría de arte da feira, Pilar Ribal, e a responsable de Around Art, Sofía Barroso. O prazo para que as galerías poidan enviar a solicitude xa está aberto e é posible descargar o formulario na páxina web da feira espacioatlantico.com, e remitila antes do 15 de decembro deste ano.

A dirección de Espacio Atlántico “consolidará os avances conseguidos na edición anterior, que supuxo un auténtico salto de calidade”, entre os que destaca a Colección Espacio Atlántico, depositada no MARCO e reformulará a visión da propia feira que buscará que a mesma esté integrada por galerías “cunha visión contemporánea e innovadora” que sitúen aos artistas no seu contexto internacional, apostando pola “proxección e difusión noutros países”.

También te puede interesar