Comarcas

A horta dos máis pequechos da os seus primeiros froitos

Serán nenos de cidade, pero a lo menos non dirán que os tomates veñen da neveira ou que os pementos saen do supermercado. Os nenos do CEI Fina Casadelrri recolleron hoxe os primeiros froitos da horta urbana que a concellería de Medio Ambiente de Pontevedra creou no Miradoiro de Monte Porreiro e que se entrega ao comedor de pobres de San Francisco.

Foron estes mesmos rapaces os encargados de plantar en primavera tomates, coles, pementos, pepinos, fresas, leitugas… xunto aos nenos dos colexios Valle-Inclán, Marcos da Portela e Luís Seoane. A idea era que eles mesmos puideran recoller o plantado e comelo, pero o crecemento e maduración da horta foi máis lento que o curso escolar e agora é cando comezan a brotar as primeiras verduras e hortalizas.

Por iso, os rapaces recolleron hoxe os primeiros froitos e despois o servizo de Parques e Xardíns recollerán periodicamente os produtos para entregalos ao comedor de San Francisco.

También te puede interesar