Vigo al minuto

Un concello con pacto

Trabajador/Tresyuno ComunicaciónO alcalde asinou coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia (AJE-Vigo), a Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra (APE), a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Comisións Obreiras de Vigo (CC.OO.), a Unión Xeral de Traballadores de Vigo (UXT) e a Conferencia Intersindical Galega da cidade (CIG) o Pacto Local polo Emprego, un acordo dirixido a «fortalecer» o traballo na cidade.

Este traballo de case 18 meses nace coa finalidade de fomentar a ocupación, identificar posibles liñas de negocio que xeren actividade, promover o autoemprego e iniciar accións para o acceso laboral dos colectivos de difícil inserción.

Abel Caballerro asegurou que o Concello manterá os niveis de investimento público que está a desempeñarse ata o de agora para xerar desde a administración pública postos de traballo nesta época de crise e salientou que o Concello ten en marcha obras no rural, as derivadas do novo Fondo Estatal do Goberno de España e mañá martes o Pleno aprobará o Plan Económico Financeiro municipal adaptado ao decreto de reducción de déficit, que posibilitará ao goberno local realizar investimentos propios por valor de 40 millóns de euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.