Destacados Vigo al minuto

Porque ser nai é unha decisión persoal, non institucional

A Marcha Mundial das Mulleres convoca esta tarde (20 horas) unha concentración na rúa do Príncipe, diante do Marco, en contra da lei «dos grupos antiabortistas» xusto un día antes de que o Parlamento galego debata unha iniciativa lexislativa popular apoiada desde a Secretaría de Igualdade na que se dotaría de personalidade xurídica a un feto «a través de subterfuxos e escondendo as súas perversas intencións baixo a bandeira da defensa das mulleres embarazadas».

Unha lei que promove de xeito activo a maternidade fronte á posibilidade de escoller e que crea ao mesmo tempo «unha estrutura de axitación e propaganda antiabortista», según defenden desde a Marcha Mundial. A entidade convoca esta concentración para que as mulleres poidan decidir libremente se queren ser nais ou non e para que se apoie ese dereito a través dos servizos públicos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.