Destacados Vigo al minuto

Pintadas galeguistas no escaparate dunha tenda que vendía calzóns coas cores da selección española

Os calzóns da discordia.
Os calzóns da discordia.

Uns calzóns con motivos da selección española de fútbol foron o detonante. Unha tenda de roupa interior de Marqués de Valladares apareceu esta madrugada con pintadas no seu escaparate nas que se tachaba cunha aspa de cor vermello o letrero que anunciaba o partido que enfrenta hoxe a España contra Honduras no Mundial de Sudáfrica 2010 e a frase ‘Isto é Galiza’ en toda a cristaleira.

Trátase dunha mostra que a firma Bjorn Borg creou utilizando as cores do combinado español, que van acompañados de carteis nos que figura a frase ‘Bjorn Borg con la roja’ con motivo do Mundial, aínda que tamén existen os mesmos artigos coas cores doutras das seleccións que estos días están a xogar en Sudáfrica.

También te puede interesar