RGPD - Cookies
Cultura Galicia

Para ir á Feira Franca hai que anotarse con tempo

Conta atrás para que Pontevedra se vista de época. Hoxe comeza o prazo de inscrición para todas as actividades da Feira Franca, tanto para anotarse na organización como na participación de xantares e ceas, no mercado tradicional, no mercado tradicional ou en calquera actividade de artesanía.

Debido á demanda xerada en edicións anteriores, este ano o prazo de inscrición abre 10 días antes do habitual e durará ata o 15 de xullo. Todos os interesados poden dirixirse ao antigo edificio do Conservatorio de Música ou chamando ao 986 86 05 87 de 10 a 14 horas.

Este ano a Feira Franca celebrarase os días 3 ou 4 de setembro, o primeiro fin de semana do mes, e estará adicado aos camiñantes, facendo referencia ás persoas que se achegan a Pontevedra por motivos económicos, espirituais, laborais… como punto de destino ou como lugar de paso dentro da ruta dos Arrieiros ou do Camiño de Santiago.

También te puede interesar