Deportes Vigo al minuto

O Seis do Nadal non ten sorte no Campionato de España Infantil de Asturias

O equipo infantil masculino Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal-COia, rematou a fase final do XXXI Campionato de España de Clubes en undécima posición. Dirixidos por Sergio González, Diego Montenegro e Alicia Álvarez, os rapaces levan dende o 15 de xuño competindo na localidade asturiana de Vegadeo.

Era a primeira vez que un conxunto do clube participaba na fase final do campionato de España de clubs, no que compiten os doce mellores equipos do país. Pero non tivo sorte co grupo: ao conxunto tocoulle no grupo B ante o forte combinado do FC Barcelona, que se proclamou subcampión de España tras o Joventut de Badalona, e ante o 100×100 Básket CBZ de Zaragoza. Ao equipo vigués tocoulle un dos grupos máis complicados da competición, a pesar do que deu unha gran imaxe de equipo e de traballo conxunto aínda que non logrou impoñerse no marcados aos seus contrincantes.

A terceira posición no grupo B permitíalle competir pola novena posición na fase final, unha loita que o levou a enfrontarse ao Cidade de Lugo, o outro equipo galego do campionato. O encontro foi gualado ata o comezo do último cuarto, onde os lucenses colleron distancia no marcador con tres triples que deixaron ao Seis do Nadal pelexando pola undécima posición. Os de Lugo quedaron novenos.

También te puede interesar