Deportes Vigo al minuto

O deporte, un libro aberto en Vigo dende hoxe

1277124835fisuCun cheo case absoluto no auditorio do Centro Social Caixanova, o Forum FISU Vigo 2010 comezou esta mañá con 72 países participantes dos cinco continentes, confirmando o que xa se aventuraba días antes: que este congreso mundial de deporte universitario é marca de asistencia (269 delegados de todo o mundo, entre oficiais e estudantes), o que confirmou á Federación Internacional de Deporte Universitario o valor actual deste encontro do deporte de todo o planeta.

Tras o desfile de bandeiras portadas por voluntarios, deuse paso á benvida do comité organizador local a través do novo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, que se sentía feliz polo seu primeiro acto oficial tras o seu nomeamento; o tenente de alcalde de Vigo; e José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte.

No encontro tamén interviron o alcalde o presidente da FISU, George E. Killian, e o presidente do CESU, Claude-Louis Gallien. O alcalde deu a benvida a todos os participantes á nosa cidade e lembrou a vinculación que Vigo ten coa familia FISU. A este respecto sinalou a nosa aposta por ser sede dunha Universiada, que se mantén viva.

O tenente de alcalde, como presidente honorífico do comité organizador, aludiu ao espírito FISU para asegurar que impregna “aos nosos universitarios; Vigo é unha cidade do deporte, para o deporte e que vive intimamente o mundo do deporte” e puxo á Universidade de Vigo como exemplo de “traballo, rigor e investigación“, afirmando que na cidade se vive moi directamente o medio ambiente, o liderado feminino e o recoñecemento académico, os temas do Forum.

Os responsables locais que recibiron unha placa de recoñecemento de George E. Killian, presidente da FISU, nunha cerimonia que contou coa actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, deixaron craro na súa introdución xeral do Forum que o Concello estaba “moi involucrado” na organización, e expresaron o desexo que desta semana sairán as liñas estratéxicas de futuro para que o acceso á práctica do deporte non conclúa no Bacharelato.

También te puede interesar