_agenda Agenda

Inspírate á vista de todos

Quince días de creación á vista de todosCinco artistas executarán as súas obras no parque de Castrelos desde hoxe e ata o 4 de xullo ao aire libre para que todos os cidadáns poidan contemplar o proceso creativo. Trátase do proxecto ‘Artistas na rúa, 3+2′, enmarcado na ‘Cidade dos soños’, no que participarán 3 artistas galegos e 2 portugueses: Álvaro de la Vega, Elena Gómez, Manuel Ferreiro, Rute Rosas e Paulo Neves.

As obras pasarán a formar parte dos xardíns do pazo Quiñones de León. Serán cinco obras distintas que pasarán a ser propiedade do Concello e con particularidades: ‘Camiño ao bosque’, con pedra e conglomerado asfáltico; ‘Construcción’, con formigón e mortero; ‘Libertad’, con granito rosa do Porriño e diorita; ‘Anxo’, con mármore portugués; e ‘Camiñando’ con terra, céspede e pletina de ferro.

Ademais, para rematar a actividade, o 8 de xullo (20 horas) o auditorio do Marco acollerá unha mesa redonda en torno ao diálogo da escultura e a natureza que contará coa participación dos cinco artistas.

También te puede interesar