Destacados Vigo al minuto

Haberá becas de comedor para todos aqueles que as soliciten

 

Comedor EcolarO goberno local aprobou hoxe un convenio de colaboración coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FOANPA), polo que o Concello subvenciona con 476.000 euros o funcionamento da entidade, as actividades extraescolares que organiza e a prestación de servizos de comedores de ensino público de infantil e primaria.

O alcalde recordou que, ante a crise, o Concello dará as bolsas de comedor que sexan precisas. Caballero sinalou que “non hai límite” á concesión de bolsas municipais de comedor para os escolares que o teñan solicitado, e non se quedará ningún alumno” sen a súa subvención independentemente do número que as soliciten.

También te puede interesar