RGPD - Cookies
_agenda Agenda

Se algo lle sobra ao Castro é música

Los pontevedreses Life in Green.
Los pontevedreses Life in Green.

‘Súbete ao Castro’ celebra esta tarde a súa festa de fin de curso cun macroconcerto ao carón da pista de bicicletas que comezará ás 18 horas e que rematará ás 23 horas  co Castroconcerto do grupo de punk rock Life in Green e o de pop rock Frab Fly. A festa comezará coa presentación das actuacións a cargo do profesor de teatro e equipo do Castro.

Xa ás 18:45 horas será a quenda dos alumos de Djembé-percusión africana, que dará paso aos participantes no curso de iniciación á danza oriental, a coreografía e canción turca e á actuación dos alumnos de break dance. Sobre as 19:20 horas chegará a interpretación conxunta dos estudante de combo, cos temas ‘Combo Californication’, ‘Combo Sweet Dreams’, ‘Combo Creep’, ‘Combo smell like yeen spirits’ e ‘Combo about girl’.

E o programa segue: ás 20:30 horas está prevista a actuación con temas de Nena Rap, Aliv, Efrán Rap, reagee e soul, para dar paso ao concerto da profesora de técnica vogal e ás exhibicións do grupo de capoeira Muzenzo e de gym jazz. Taste of the Poison Orin e Dark Down teñen previsto actuar ás 21:10 horas e 20 minutos máis tarde un descanso ata a chegade de Life in Green e Frab Fly ás 23 horas.

También te puede interesar