Ciencia y Tecnología Destacados

O movemento veciñal pásase á rede

Os aspirantes a sustituir á actual directiva da Federación de Veciños Eduardo Chao comeza a andar con distintas iniciativas. O candidato a Secretario, Xabier Pérez Igrexas, vén de iniciar un caderno de bitácora na rede que baixo o nome ‘Desde o barrio’ asegura que quere compartir as súas opinións sobre o que suceda en Vigo, nos barrios e nas parroquias, “desde a máis absoluta franqueza e o compromiso por contribuír a unha cidade mellor que compartimos todas as persoas que facemos parte do movemento veciñal”.

A primeira entrada deste blog, titulada ‘En marcha’, sirve para promocionar á que previsiblemente será a nova directiva da federación, sintetizando os seus principais obxectivos e liñas de actuación a partir do vindeiro 26 de xuño, data na que se celebrará a Asemblea Xeral que designará a nova equipa directiva.

También te puede interesar