Deportes Vigo al minuto

Sete galegos no Campionato Europeo de Trasona de augas tranquilas

A canguesa Teresa Portela.
A canguesa Teresa Portela.

A falta de decidir os K-4 e C-4 definitivos, xa se coñecen os nomes dos palistas galegos que representarán e España no Campionato de Europa de Augas Tranquilas Trasona 2010, que se celebrará do 1 ao 4 de xullo do 2010. Xa hai 7 clasificados, aínda que a lista de espera a saber se irán tamén convocados ás concentracións de preparación que restan para o europeo é longa.

Carlos Pérez ‘Perucho’, Teresa Portela, José Lui Bouza, André Oliveira, David Maquieira, Jacobo Domínguez e Yeray Picallo son os nomes da Federación Galega xa chamados a filas tras dous días de control selectivo.

Na categoría Kaiak Home, Carlos Pérez (Club Piragüismo Aldán), xunto con Saúl Craviotto, en K-2 500 e 200. No que respecta ao K-4, actualmente seis padexeiros aspiran á clasificación: entre eles, Diego Piña (Kayak Tudense), Rodrigo Germade (Piragüismo Aldán) e Víctor Rodríguez (Kayak Tudense). O K-1 500 está por decidir, e correspondería ao descarte dos palistas que accedan ao K-4.

Na categoría Kaiak Muller, destaca Teresa Portela (Club de Mar Ría de Aldán Hermanos Gandón), en K-1 200. Os postos K-4 e K-1 500 decidiranse do mesmo xeito que na categoría Kaiak Home, polo que Portela tamén podería entrar nalgunha delas.

Na categoría Canoa, cabe resaltar que todos os nomes que barallan na Real Federación Española de Piragüismo son galegos, aínda que algún deles pertence actualmente a clubes doutra comunidades: José Luis Bouza (Kayak Tudense) en C-1 1000, André Oliveira (Náutico Firrete) en C-1 200, David Maquieira (O Muíño de Ribadumia) e Jacobo Domínguez (Breogán do Grove) en C-2 200 e 500, xunto con Yeray Picallo (Firrete) e Andrés Oliveira (Firrete) en C-2 1000.

Para o C-4 ocorre o mesmo que para os K-4, a tripulación definitiva decidirase nas concentracións de preparación entre os cinco aspirantes: David Mascato (Breogán do Grove), Diego Romero (As Torres de Catoira), Manuel A. Campos (Piraguamadrid), Damián Ramos (C.M.D.C. Breogán) ou David Cal.

No que respecta aos K-1 e C-1 5000 metros, serán os técnicos dos padexeiros clasificados en 1000 metros os que decidirán cales son os mellores para defendelos.

También te puede interesar