Destacados Vigo al minuto

500 persoas na manifestación da CIG contra a reforma laboral do Goberno

Manifestación CIG Vigo/Tresyuno ComunicaciónMedio milleiro de personas, entre elas varios concelleiros do BNG e os diputados Carme Adan e Henrique Vietez, participaron hoxe na primeira manifestación que se convoca no Estado contra o decreto de reforma laboral aprobado polo Gobierno Zapatero. Convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), as protestas se levaron a cabo en varias cidades galegas comalimiar da folga xeral do vindeiro 29 de setembro á que o sindicato nacionalista ven de sumarse.Para a CIG, abaratar e facilitar o despido, a desregulación dos convenios ou o aumento dos cómputos para a xubilación “constitúen un claro ataque contra os dereitos da clase traballadora”. Tamén censurou que se deixe parte do mercado de traballo en mans de ETT e axencias privadas de contratación e adiantou a posibilidade de que os próximos cambios aposten polo recorte de salarios e pensións.

As críticas tamén se centraron no feito de que para saír da crise se optase por estas medidas cando existen outras máis efectivas, como a recuperación do imposto patrimonial e sobre as rendas máis altas e un control efectivo contra a fraude fiscal.

También te puede interesar