Deportes El Lector

Orgullosos de la respuesta ante el Europeo de triatlón

No nome da Federación Galega  de Triatlón, desexamos agradecer publicamente o grande apoio recibido o pasado sábado, durante a celebración da Copa de Europa de Tríatlon Cidade de Pontevedra. Non é habitual en ningún triatlón de España ver una resposta  tan grande. Sabemos que o triatlón é un deporte que vai en auxe e que cada vez é máis popular, pero respostas como a de Pontevedra, enchen a un de ledicia e sobre todo animan a seguir traballando.

A resposta do público de Pontevedra nas tres edicións que levamos da Copa de Europa de Triatlón vai a máis, aínda que sempre foi moi importante, pero o realmente envexable é que en probas como a Copa do Mundo de Madrid non se moven en torno ó Tríatlon tantos miles de persoas. Por elo, e aínda que non sexa unha cidade de centos de miles de habitantes, o compromiso co noso deporte é digno de mención e agradecemento. Non todo o mundo era de Pontevedra, tamén había doutros lugares de Galicia, pero si a gran maioría.

Tamén quixéramos resaltar o  civismo amosado, cuestión importantísima en calquera evento que se fai nas rúas en un amplísimo espazo. E moi difícil controlar cantidades grandes de público se non hai colaboración, e este ano tamén se demostrou un importante respecto. Evidentemente  sempre hai excepcións (que as houbo) pero esas mellor esquecelas o antes posible. Este tipo de eventos sabemos que provoca  peches de rúas e trae por tanto algunha molestia ó cidadán, pero  tamén neste caso a resposta e a comprensión foron exemplares. Todos entenderon que o sacrificio pagaba a pena.

A Federación Galega de Tríatlon e P.M. tamén quere destacar o gran labor dos voluntarios, persoas que en calquera evento destas características é fundamental para o desenvolvemento e o éxito da competición. Tiveron unha colaboración exemplar e o seu esforzo encomiable, sen escatimar para nada o traballo incansable.

Esperamos que o próximo ano, nun evento de máis importancia mediática e que atraerá a milleiros de visitantes, Pontevedra siga respostando igual de ben e se siga falando da cidade, e de Galicia, moi ben por toda Europa.

También te puede interesar