Destacados Vigo al minuto

O ministro de Industria asegura que Vigo está na “final” para ter a fábrica de baterías

Sebastián

O ministro de Industria, Miguel Sebastián, acompañado polo delegado do Goberno o alcalde e o director da planta, visitou este martes a factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën e asegurou que traballa “codo con codo” coa Xunta e co alcalde para traer a Vigo a factoría de baterías para coches eléctricos.

O titular da carteira de Industria recordou que o vehículo eléctrico representa “o futuro do automóbil” polo que respaldarán a PSA na súa construcción. Sebastián indicou que o apoio pode ser tanto en innovación como en infraestruturas de recarga, no que están a traballar conxuntamente con concellos como o de Vigo, apuntou.

Sobre a factoría de baterías recalcou que son “a clave para o desenvolvemento do vehículo eléctrico“, e explicou que, cara á súa instalación na cidade olívica, Vigo agora está na “final” xunto cunha localidade de Austria, cando partían un total de 10 urbes candidatas. O ministro pedíu “prudencia” ata a decisión final.

Miguel Sebastián afirmou que o obxectivo do Ministerio que dirixe é “facilitar” o uso do coche eléctrico, por eso están proxectadas axudas directas á compra e unha “tarifa superreducida” para recargar o vehículo pola noite.

O ministro recordou que o grupo PSA foi o segundo que máis axudas recibiu do Goberno de España no Estado para os seus plans de competitividade, 101,42 millóns de euros entre 2009 e 2010, asociados a inversión de 400 millóns, o que amosa que é unha das “prioridades” de Industria, e alabou a factoría de Vigo, “a máis produtiva e moderna” de España, “fundamental para a industria do automóbil nacional” e que “representa a innovación a competitividade e a internacionalización“.

También te puede interesar