Destacados Vigo al minuto

O ministro de Industria asegura que Vigo está na «final» para ter a fábrica de baterías

Sebastián

O ministro de Industria, Miguel Sebastián, acompañado polo delegado do Goberno o alcalde e o director da planta, visitou este martes a factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën e asegurou que traballa «codo con codo» coa Xunta e co alcalde para traer a Vigo a factoría de baterías para coches eléctricos.

O titular da carteira de Industria recordou que o vehículo eléctrico representa «o futuro do automóbil» polo que respaldarán a PSA na súa construcción. Sebastián indicou que o apoio pode ser tanto en innovación como en infraestruturas de recarga, no que están a traballar conxuntamente con concellos como o de Vigo, apuntou.

Sobre a factoría de baterías recalcou que son «a clave para o desenvolvemento do vehículo eléctrico«, e explicou que, cara á súa instalación na cidade olívica, Vigo agora está na «final» xunto cunha localidade de Austria, cando partían un total de 10 urbes candidatas. O ministro pedíu «prudencia» ata a decisión final.

Miguel Sebastián afirmou que o obxectivo do Ministerio que dirixe é «facilitar» o uso do coche eléctrico, por eso están proxectadas axudas directas á compra e unha «tarifa superreducida» para recargar o vehículo pola noite.

O ministro recordou que o grupo PSA foi o segundo que máis axudas recibiu do Goberno de España no Estado para os seus plans de competitividade, 101,42 millóns de euros entre 2009 e 2010, asociados a inversión de 400 millóns, o que amosa que é unha das «prioridades» de Industria, e alabou a factoría de Vigo, «a máis produtiva e moderna» de España, «fundamental para a industria do automóbil nacional» e que «representa a innovación a competitividade e a internacionalización«.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.