Galicia

O doutor Beiras da hoxe en Vigo a súa diagnose da crise económica e as receitas para sair dela

As 20:30 horas, no Hotel Coia, o doctor en Ciencias Económicas, ex voceiro nacional do BNG e líder de Encontro Irmandiño, dará a súa visión sobre as consecuencias, as causas e as alternativas á recesión.

BeirasSabe do que fala e a verdade é que non se prodiga gran cousa, por iso escoitalo pode ser interesante. Xosé Manuel Beiras, impartirá unha charla o hoxe en Vigo (20:30 h. Hotel Coia) na que dará a súa visión sobre as consecuencias, as causas e as alternativas á crisis económica.

O dúas veces doutor e líder da corrente do BNG Encontro Irmandiño, falará sobre a primacía os Estados Unidos no Fondo Monetario Internacional e as receitas que “exculpan aos responsables da crisis”. A conferencia, organizada por Encontro Irmandiño de Vigo, está aberta a todos os interesados e enmárcase no ciclo preparatorio dos encontros para a celebración da súa III Asamblea Nacional.

 

También te puede interesar