RGPD - Cookies
Comarcas Galicia

O BNG insta ao goberno de Salvaterra a regular a ocupación da vía pública para a colocación de terrazas e quioscos

Segundo apunta o portavoz do BNG, Gabriel Martínez, a falta de ordenamento legal está provocando conflitos entre os donos dos quioscos que habitualmente se instalan no contorno do parque da Canuda

Documentación 169O grupo municipal do BNG de Salvaterra reclama ao goberno local do Partido Popular que elabore a Ordenanza Fiscal de Taxas por Aproveitamento do Dominio Público para regular a ocupación da vía pública. Segundo o portavoz nacionalista, Gabriel Martínez, é preciso que exista este regulamento para que todos os veciños e veciñas poidan optar a instalar os seus postos “en igualdade de condicións”.

Gabriel Martínez lembra que en xullo de 2008 o pleno da corporación municipal aprobou unha moción presentada polo BNG na que se instaba ao goberno local a elaborar este regulamente. “Case dous anos despois, o PP non fixo nada ao respecto”, critica o responsable nacionalista. Asemade, considera que esta actitude é a que caracteriza ao goberno de Salvaterra en todos os ámbitos, ao non ser quen de asumir as súas responsabilidades e levar a cabo unha xestión “minimamente eficaz”.

Segundo apunta o portavoz do BNG, a falta de ordenamento legal está provocando conflitos entre os donos dos quioscos que habitualmente se instalan no contorno do parque da Canuda, así como rencillas entre os donos dos bares polo espazo e as dimensións das terrazas. “A única forma de evitar disputas e garantir a igualdade de oportunidades é a presentación da ordenanza”, asegura.

También te puede interesar