Agenda Comarcas

Da igual a música que che guste, toma millo verde

O campo de Santa Mariña e a Alameda de Redondela estarán esta fin de semana pasada por música. Hoxe e mañá convertiranse nos escearios do ‘IV Festival de Música Alternativa Millo Verde‘, que nesta ocasión chega con 10 agrupacións de ska, punk, funky, rock, folk ou rap, todo de balde.

E as rúas estarán ateigadas de actividades. A chuvia obriga a cambiar un pouco o programa de actividades, aínda que os concertos manteranse esta noite baixo unha carpa, xa que o sábado non haberá que usar paraugas según as prediccións.

Para esta tarde mantense o pasarrúas de música tradicional, o Funky Style a partires das 21 horas, teatro a cargo de Pes Ceibes e a actuación de Isla Le Trisca no recinto do festival antes de comezar os concertos. Sen embargo, o rocódromo de 6 metros de altura, que tiña previsto abrir esta tarde, pasará para o sábado e o domingo; a Jam Graffiti, o torneo de baloncesto 3×3 e os obradoiros de xoguetes con material de refugallos celebraranse o sábado todo o día.

Pola noite a programación segue igual e manterase a festa por moito que chova. A partir das 22 horas en Santa Mariña chegan Skakeo, de Bueu; Zibabu, co seu punk fusión desde Amsterdam; Cuchufellos, con celta fusión de Manzaneda; Funky Style Brass, co sey funky charanga do Midi Pyrennes franceses e Beatmac e o seu beatbox de Madrid.

Xa o sábado tamén haberá un mercadillo de troco no que se poderán cambiar cousas que non se usen por outras que resulten interesantes ou servibles. Na xornada musical é a quenda do grupo vigués Minim co seu rock industrial; Caspian Hat Dance, fanfarria chegada desde Amsterdam; o grupo de folk de Compostela Pan de Cabazo; o rap e o drum&bass madrileño de Laimposible e Arritmi, coa súa música electrónica.

También te puede interesar