Comarcas

As mulleres teñen o seu propio recuncho en O Porriño

Co obxectivo de velar polos dereitos e na defensa dos intereses das mulleres porriñesas nace a Asociación de Mulleres en Igualdade do Porriño. Dende maio de 2008, data de constitución, esta entidade ven desenvolvendo diferentes actividades lúdicas e culturais coordinadas paralelamente coa súa finalidade principal “de apoio, colaboración e axuda a todas as mulleres do municipio, do centro da vila e de todas as parroquias”.

A asociación nace coa intención de informar todos os servizos que ofertan as distintas institucións. E para acadar todos estes obxectivos, en cada unha das parroquias existen representates ás cales un se pode dirixir. Calquera muller do Porriño que o desexe pode formar parte desta asociación, de maneira gratuita, que lle suporá beneficios para o seu desenvolvemento na súa vida social e laboral.

También te puede interesar