_agenda Deportes

Patinando a toda velocidade nas Travesas

Vigo recibirá por primeira vez esta fin de semana o Campionato de España de patinaxe de Velocidade, unha modalidade “descoñecida na cidade pero que é espectacular”. O escenario: a pista que circunda o campo de fútbol das Travesas, cunha corda de 328 metros e un chan de asfalto.

Aínda que mañá celebraranse as xornadas de adestramento, haberá que esperar ao sábado e o domingo para a competición, na que están inscritos 32 clubes de 8 comunidades e 138 participantes.

O sábado as probas arrincarán ás 10 h coa proba Master Masculino e 15.000 metros Puntuación; seguiranlle os 300 metros Contra Reloxo para Júnior e Sénior masculino e femenino e a entrega de premios destas dúas probas. Xa pola tarde será a quenda das carreiras de eliminación para Júnior e Sénior con 15.000 metros feminino e 20.000 metros masculino (16 h); o Master de 10.000 metros Liña e as series de 5.000 metros substitucións para absoluto masculino e feminino.

O domingo, o 500 metros Sprint con series, semifinais e finais para júnior e sénior, 10.o00 metros e as finais das probas de substitución.

También te puede interesar