_agenda Deportes

Patinando a toda velocidade nas Travesas

Vigo recibirá por primeira vez esta fin de semana o Campionato de España de patinaxe de Velocidade, unha modalidade «descoñecida na cidade pero que é espectacular». O escenario: a pista que circunda o campo de fútbol das Travesas, cunha corda de 328 metros e un chan de asfalto.

Aínda que mañá celebraranse as xornadas de adestramento, haberá que esperar ao sábado e o domingo para a competición, na que están inscritos 32 clubes de 8 comunidades e 138 participantes.

O sábado as probas arrincarán ás 10 h coa proba Master Masculino e 15.000 metros Puntuación; seguiranlle os 300 metros Contra Reloxo para Júnior e Sénior masculino e femenino e a entrega de premios destas dúas probas. Xa pola tarde será a quenda das carreiras de eliminación para Júnior e Sénior con 15.000 metros feminino e 20.000 metros masculino (16 h); o Master de 10.000 metros Liña e as series de 5.000 metros substitucións para absoluto masculino e feminino.

O domingo, o 500 metros Sprint con series, semifinais e finais para júnior e sénior, 10.o00 metros e as finais das probas de substitución.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.