Deportes

O Lérez xa nota a chegada dos triatletas

Comeza a transformación. Pontevedra xa respira o ambiente de celebración da Copa de Europa Premium de triatlón, coa chegada dos atletas e a montaxe do operativo en varios puntos da cidade, o máis evidente o pontón de saída no río Lérez, a preparación da área de transición para o clasificatorio do Campionato de España no recinto ferial, as gradas no estadio ou as sinais de tráfico que marcan o percorrido sen bicicleta e a carreira a pe.

Os primeiros deportistas en chegar a Pontevedra xa aproveitaron a xornada de hoxe para adestrar nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Os máis madrugadores, os españois, os belgas, os italianos, australianos e alemáns.

No clasificatorio do Campionato de España participarán 225 triatletas que farán un percorrido diferente en bicicleta, pola N-550, ao da Copa de Europa, pero que servirá de test de cara ao europeo do vindeiro ano no que poden participar uns mil deportistas. O percorrido realizarase sobre a distancia sprint de 750 metros de natación, 20 quilómetros bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pe. Os equipos masculinos sairán ás 14 horas, os femininos ás 14:25 horas.

También te puede interesar