Vigo al minuto

O mes que ven empeza a funcionar parte do novo parking de Peinador

Peinador/Tresyuno ComunicaciónO alcalde anunciou hoxe que en xullo abriranse ao público as 1.000 primeiras prazas do novo aparcamento en construcción no aeroporto de Peinador, unha vez estea rematada a primeira fase.

Caballero sinalou tras a primeira entrevista mantida coa nova directora de Peinador, a madrileña Noelia Martínez, procedente do aeródromo de El Hierro que a apertura da primeira metade do aparcamento conlevará a retirada do provisional e o inicio da segunda fase da obra. En febreiro do 2011 estará completamente concluída a infraestrutura e operativas as 2.600 prazas de estacionamento.

Abel Caballero recoñeu o “impulso” que está a dar o Ministerio de Fomento, a través de AENA, ao Aeroporto de Vigo, que está en proceso de ampliación con melloras por valor de 100 millóns de euros, 38 millóns do novo aparcamento e uns 60 máis da nova terminal.

Sobre esta última cuestión, o alcalde apuntou que Fomento ten previsto contratar os traballos da nova terminal nun periodo dun mes aproximadamente, que en en xullo ou agosto podería comezar a edficicación do novo edificio deseñado por César Portela.

A primeira parte da nova terminal construirase na zona sur do mesmo, sen afectar á operatividade da actual. Cando a zona sur estea rematada entrará en funcionamento e darán comezo os traballos no espazo que ocupa a actual terminal e nunha parte adicional ao norte da mesma.

O alcalde avogou por que o aeródromo vigués labre “o seu futuro para mantener a competencia co aeroporto de Oporto“, xa que a urbe portuguesa é a alternativa natural ao de Vigo.

También te puede interesar