Comarcas

O Convento de San Domingos, centro de interpretación de Tui

O Centro de Interpretación de Tui, no convento.
O Centro de Interpretación de Tui, no convento.

Tui xa ten en marcha o seu propio centro de interpretación ‘Tui, porta do camiño portugués a Santiago’ que, situado no antigo convento de San Domingos, quere promover entre peregrinos, visitantes e os propios veciños o coñecemento da historia e do patrimonio vinculado da vila ao camiño de peregrinación a Compostela.

Mediante paneis informativos en varios idiomas, os visitantes poderán coñecer os aspectos que dende os inicios das peregrinacións xacobeas ligaron a Tui ao Camiño. Deste xeito, hai información sobre o hospital para peregrinos, o culto xacobeo na catedral tudense, os máis egrexios peregrinos que pasaron pola vila e os principais enclaves do camiño ao seu paso por Tui. Ademais, consta dunha caixa de luz que abrangue o percorrido desde Valença ata Santiago con imaxes de gran formato sobre os principais enclaves, unha espectacular maqueta do casco histórico de Tui e unha imaxe de San Roque.

O camiño portugués está recoñecido como itinerario cultural europeo desde 1987, o que garante a autenticidade deste roteiro ao longo dos séculos.

También te puede interesar