_agenda Agenda

A Festa da Rosa de Mos destapa o seu lado moteiro

A principal festividade de Mos, a Festa da Rosa, chega o vindeiro fin de semana coa IV COncentración Mototurística A Rosa-Ruta Xacobea, organizada polo motoclube ‘Aloloko’ e que durante o 11, 12 e 13 de xuño terá unha morea de actividades para todos os que se acheguen.

O sábado (de 21 a 22 horas) celebrarase un show acrobático a cargo dun piloto catalán, ademais de contar coa presencia de pilotos participantes no Campionato Galego ou coa realización dunha ruta en moto polo tramo do Camiño de Santiago da ruta portuguesa que transcorre polo municipio de Mos.

Este ano espérase que uns 120 amantes da moto se inscriban, a pesares de que sempre hai algunha moto máis que se suma a última hora. Nesta edición o prezo da inscrición é de 25 euros.

Aínda non estás convencido?

También te puede interesar