Vigo al minuto

Quenes máis saben de vacacións estarán en Vigo o ano que ven

PlayaVigo será sede o ano que vén do congreso internacional de touroperadores MITM Euromed. O congreso reunirá a 250 touroperadores e prensa internacional especializada do 26 ao 29 de abril e terá un retorno económico aproximado de medio millón de euros.

Na presentación deste evento, o tenente de alcalde e o director xerente de Vigo Convention Bureau, sublimaron que no mesmo se darán cita máis de cen axencias de viaxe e touroperadores de todo o mundo. “O traballo do Vigo Convention Bureau sigue dando os seus froitos, aínda que algúns digan que é un chiringuito que non sirve para nada“, comentou o Santiago Domínguez respecto ás críticas que expresaron a semana pasada os concelleiros do PP sobre á xestión do turismo na cidade. “Benvido sexa este chiringuito se serve para traer retorno económico para Vigo“, concluíu.

Domínguez explicou que a celebración o vindeiro ano do MITM Euromed na cidade é froito da presenza do Vigo Convention Bureau na feira IMEX de Frankfurt, unha das tres máis importantes do mundo para meetings e viaxes de incentivo, e súmase ao XII Congreso Internacional de Medicina Xeral e de Familia, e a XVIII edición do Congreso Nacional de Medicina Xeral, que terán lugar no Ifevi Ido 18 ao 21 de maio de 2011, que suporá un total de 2.400.000 euros de retorno económico, cun gasto aproximado por día de 200 euros.

O tenente de alcalde avanzou tamén que no mes de outubro está prevista unha visita técnica á cidade da organización do congreso, á que se lle amosarán os diferentes recintos nos que se poderá celebrar o evento. Como mostra da importancia deste congreso internacional, mencionou as últimas cidades nas que se celebrou, Sevilla, Lisboa, Praga e Colonia, “todas elas de marcado carácter turístico“, apuntou. Asemade, indicou que para acoller a cita de 2011 Vigo competía con Helsinki.

También te puede interesar