RGPD - Cookies

Tai-chiA Concellería de Sanidade organiza un verán máis, un programa de actividades encamiñado á mellora da saúde a través da práctica de actividade física moderada. Todos os interesados poderán participar de xeito gratuito deste programa que se impartirá no espazo reservado xunto á praia de Argazada, practicando Tai Chi os luns, mércores e venres, e Pilates os martes e xoves.

Non se precisa de formación previa nin inscribirse con antelación, pois os monitores comenzarán as sesións dende os niveis básicos e sempre co obxecto de levar a cabo unha práctica saudable. Para as clases de Tai Chi non se precisa ningún material persoal, pero nas sesións de Pilates recoméndase traer unha toalla ou esterilla.

As sesións impartiranse de 20 a 21 horas durante os meses de xuño, xullo e agosto, e se desexan facer unha medición antrométrica con control de peso, tensión arterial, grasa corporal e outros parámetros, poden facela de xeito gratuito na Unidade Concello Saudable que a Concellería dispón para todos os interesados no segundo andar do Concello de Vigo.

Recomendacións saudables para o verán
A Concellería editou un caderno con recomendacións sobre a exposición solar, alimentación no verán, práctica de actividade física nas praias, e cunha proposta de 4 roteiros para camiñar na mesma xornada. Este cadernos pódense adquirir na oficina do Concello Saudable ou pedíndollo aos monitores que impartirán o Tai Chi e Pilates.

También te puede interesar