Cultura Destacados

As visitas a Castrelos multiplícanse por catro nuns meses

Dous meses da posta en marcha do primeiro plan divulgativo dos museos da cidade e o Quiñones de León xa conseguíu multiplicar por catro o seu número de visitantes, pasando dos 364 no mes de xaneiro aos 1.640 de maio. Un aumento do 77,8 por cento no que tamén aparece reflectivo o aumento dos visitantes estranxeiros e coa participación das familias nas actividades das fins de semana (27 no último mes).

Ata o 31 de maio pasaron polo Museo de Castrelos 4.524 persoas, máis da metade entre os meses de abril e maio. Mentres, polo xacemento do Castro pasaron 15.000 visitantes, todo un récord, uns 5.000 deles nas visitas guiadas; e outros 4.000 visitantes estiveron en Toralla. Pola súa banda, pola exposición sobre Álvarez instalada na Casa das Artes pasaron outras 8.000 persoas.

También te puede interesar