Galicia

O peixe, de momento, en caixas de madeira

As caixas de madeira de un só uso para o almacenamento e transporte do peixe aínda poderán utilizarse. A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición acaba de confirmar que a Comisión Europea tomará en conta a avaliación dos riscos deste xeito de almacenamento, polo que Sanidade permitirá o seu uso ata novo aviso.

Un tema que Galicia ten riba da mesa dende 2008 e que agora da un paso máis co cuestionario que a Comisión Europea enviará a todos os estados membros para que se pronuncien sobre esta cuestión.

También te puede interesar