RGPD - Cookies
Agenda Cultura

A mover o esqueleto a ritmo de muiñeira

Foto: www.vigoenfotos.com (J. Albertos)
Foto: www.vigoenfotos.com (J. Albertos)

Por sorte, a calor destos días amainou un pouco e poderán lucir o traxe rexional galego con orgullo, elegancia e sen suar a gota gorda. Hoxe, Vigo celebra a 40 edición do Día da Muiñeira, no que participarán máis de 1.500 persoas e que terá por esceario a Praza de Compostela a partires das 20:30 horas.

Pero non será o único evento da xornada. Ás 17:30 horas a lonxa do Concello acollerá a undécima edición do Certame de Ensalzamento do Traxe Galego, na que haberá dous primeiros premios pola categoría do traxe en adultos (antigo, cotiá, moderno e de agrupación) e outros dous para o traxe infantil.

Ao finalizar o concurso, sobre ás 19 horas, os grupos de participantes concentraránse na Praza do Rei para desprazarse ata a Praza de Compostela percorrendo a Ronda de Don Bosco e Velázquez Moreno acompañados de tres grupos de gaitas tradicionais: Asubíos de Portocedeira, Airiños Galegos e Arrancadeira.

O terceiro pilar desta homenaxe ao traxe galego celebrarase o vindeiro 7 de agosto coa Mostra de Traxe Tradicional.

También te puede interesar