RGPD - Cookies
_agenda Agenda

A Gabacha vai de festa antes de voltar a casa

Os redondelanos seguen de troula. A Festa da Coca arranca hoxe ás 10:30 horas cun pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Redondela, preámbulo do retorno da virxe ‘A Gabacha’ (11:30 h) a súa igrexa acompañada pola banda de música.

Xa pola tarde, ás 17:30 horas haberá balonmán na rúa na Pista da Xunqueira, mentres que a Coca dos nenos comezará ás 18 horas coa actuación do circo Javy-Javichy e a obra ‘Plato, platito, platete’. Ás 19 horas, Tanxarina Títeres subirá ao escenario co ‘Contaloucos’.

E pola noite chega a festa musical. Ás 22 horas comeza a verbena amenizada polas orquestas Capitol e Americo. Para os que queiran disfrutar da troula ata máis tarde, La Fábrica Discoteca inaugura esta noite (00:30 h) sesións mensuais do Superflay CLub Opening Party, no que estarán como dj’s invitados Milutxo, Javier Elipe, Paolo Dumore e Alex Dilage. E ademais, gogós, megatrón, visuais e animación.

También te puede interesar