Destacados Vigo al minuto

A CIG sae á rúa polo despido dunha delegada sindical en Povisa

Máis dun milleiro de delegados uníronse á manifestación.
Máis dun milleiro de delegados uníronse á manifestación.

Preto dun milleiro de delegados da CIG percorreron esta mañá as rúas de Vigo para protestar polo despido dunha delegada sindical de Povisa durante unha folga convocada o ano pasado neste centro médico, un despido que ahora ratifica o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia despois de que un xulgado vigués o declarase nulo e que para a central sindical é “un ataque contra a liberdade sindical” e “un atentado contra o dereito á folga”.

Consuelo Martínez, a despedida, levaba 20 anos no Comité de Empresa de Povisa, e agora o TSXG  revoca a sentenza que declara o despido nulo por chamarlle “esquirol” a un traballador que a empuxara, falar polo megáfono e criticar a outros empregados que acudiron aquel día a traballar. Todo nunha situación de “grande tensión”, como recolle a sentenza, provocada pola “actuación empresarial antifolga no mesmo establecemento unilateral dos servizos mínimos”.

También te puede interesar