Destacados Vigo al minuto

A CIG sae á rúa polo despido dunha delegada sindical en Povisa

Máis dun milleiro de delegados uníronse á manifestación.
Máis dun milleiro de delegados uníronse á manifestación.

Preto dun milleiro de delegados da CIG percorreron esta mañá as rúas de Vigo para protestar polo despido dunha delegada sindical de Povisa durante unha folga convocada o ano pasado neste centro médico, un despido que ahora ratifica o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia despois de que un xulgado vigués o declarase nulo e que para a central sindical é «un ataque contra a liberdade sindical» e «un atentado contra o dereito á folga».

Consuelo Martínez, a despedida, levaba 20 anos no Comité de Empresa de Povisa, e agora o TSXG  revoca a sentenza que declara o despido nulo por chamarlle «esquirol» a un traballador que a empuxara, falar polo megáfono e criticar a outros empregados que acudiron aquel día a traballar. Todo nunha situación de «grande tensión», como recolle a sentenza, provocada pola «actuación empresarial antifolga no mesmo establecemento unilateral dos servizos mínimos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.