Deportes Vigo al minuto

Cinco horas de bádminton en As Travesas

As Travesas convertirase este sábado no punto neurálxico do bádminton co IV Trofeo Concello de Vigo e o I Memorial Luis Miró. E máis de 100 deportistas participarán na proba nas distintas categorías (benxamín, alevín, infantil e cadete) que se celebrará de 09:30 a 14 horas e na que 40 participantes xogarán polo título. Ademais, a proba tamén servirá de recoñecemento á traxectoria do deportista Ramón Quiroga, campión de España na categoría de veteranos.

También te puede interesar