Deportes Vigo al minuto

A selección galega de exhibición, máster de ouro na gala de artes marciais de Marsella

Un intre da exhibición realizada en Marsella.
Un intre da exhibición realizada en Marsella.

A selección galega de exhibición, dirixida por Miguel Meilán, acadou o máster de ouro na Gala de Artes Marciais de Marsella. Nesta gala na cidade francesa participaron uns 70 deportistas e mestres en artes marciais (karate, taekwondo, wu suh, capoeira, katas acrobáticas, etc…).

Esta era a terceira ocasión na que participaba a selección galega nunha gala que este ano estreou formato: por primeira vez 8 equipos especialistas en distintas artes marciais competiron polo Máster de ouro, de prata e de bronce, proclamándose campión de este torneo o equipo da Federación Galega de Taekwondo. Unha vez máis a actuación da selección volveu a impresionar en Marsella, motivo polo que a organización decidiu invitar novamente ao equipo para a gala do 2011.

También te puede interesar