Vigo al minuto

Os socialistas de Vigo reclámanlle á Diputación 70 millóns de euros

El alcalde y el presidente de la Diputación se saludan en un acto en Vigo
El alcalde y el presidente de la Diputación se saludan en un acto en Vigo

O grupo municipal socialista presentará no Pleno de mañán unha moción na que lle exise á Deputación de Pontevedra que asuma as súas responsabilidades coa cidade e contemple o 35% de inversión dos seus orzamentos en relación ao peso demográfico de Vigo.

 

Segundo exporán os socialistas, Vigo representa o 35% da poboación da provincia, contando co maior volume de tecido económico non só de Pontevedra senón de toda Galicia. Nos orzamentos de 2010-2011 da Deputación contémplanse preto de 200 millóns de euros para inversións dos que á cidade corresponderíanlle 70.

Os socialistas reclaman tamén que a Deputación aplique un índice corrector para subsanar a falla de inversión dos últimos anos, “máis aínda sabendo que para este 2010 as inversións previstas polo organismo provincial seguen a ser de cero €”. O grupo municipal do PsdG PSOE defenderá a moción na que se fala da situación concreta das rúas que son competencia da Deputación e que actualmente atópanse nun estado de conservación “pésimo”. As rúas en cuestión son a PO 7001 Vigo, A Garrida, PO 7002, Rúa Ramiro Pascual, PO 7003, Coruxo Canido, PO 7004, Estrada Provincial, e PO 7005 Meixoeiro Cuvi, todas ellas “presentan o maior deterioro da rede viaria de Vigo”.

 

 

También te puede interesar