Galicia Vigo al minuto

As obras do AVE Redondela Vigo empregarán a 91 personas máis logo das denuncias da CIG

 

AVE Vigo-Redondela/Tresyuno ComunicaciónA empresa adxudicataria das obras do AVE en Redondela (UTE ACCIONA-FOMENTO) contratará a 91 novos operarios debido á reordenación da xornada laboral. O anuncio foi feito en rolda de prensa polos secretarios nacional e comarcal da Federación da Construción e a Madeirada Confederación Intersindical Galega (CIG) , Xosé Xoán Melón e Alberto Fernández, e o membro da súa executiva nacional Xulio Vicente.

Segundo informa a CIG, e sta reordenación prodúcese despois das reiteradas denuncias ante a Inspección de Traballo e as mobilizacións levadas a cabo polo sindicato a causa do exceso de horas traballadas e as condicións laborais que se están a dar na citada obra. significa unha estafa media anual a cada traballador que ronda os 6.000 €. Sen ter en conta que os traballadoras destas empresas nin gozan de vacacións, nin xornadas festivas, ademais de que, en moitos casos, a indemnización de fin de contrato non se lles abona coa promesa de volver a contratalos en caso de que xurdan novos traballos“.

Segundo o sindicato nacionalista, tamén se constatou que os operarios de determinadas subcontratas realizaban ata 294 horas mensuais (o convenio colectivo estipula unha media de 160), horas que non son pagadas nas cantidades estipuladas, o que segundo os cálculos da Federación da Construción e Madeira da CIG 

 As denuncias do sindicato nacionalista no que respecta ás obras do AVE céntranse no exceso de xornada laboral, nas condicións salariais moi inferiores ás pactadas en convenio colectivo e nas condicións de seguridade, tendo en conta que a lexislación vixente establece que en labores subterráneas (interior do túnel) non se poden realizar horas extraordinarias.

A raíz da labor da inspección desaparecen as quendas de 12 horas, “obrigándose á UTE ACCIONA-FCC á realización de 3 turnos de 8 horas, o que na práctica supón a creación de 91 postos de traballo. “Como consecuencia de todo o antecedente, os traballadores perciben unha retribución menor á que teñen dereito por convenio colectivo”. En relación coas condicións nas subcontratas desta obra, un acta da Inspección de Traballo corrobora punto por punto as denuncias da CIG sobre as irregularidades existentes.

A todo isto hai que engadir ofraude á Facenda e á Seguridade Social e o sobrebeneficio empresarial que supón o ocultamento e non pago deste exceso de xornada“. A CIG cualifica esta situación de “abuso intolerable que non se circunscribe ás subcontratas nesta obra, senón que se está convertendo en práctica habitual na maioría das empresas da construción, como denuncian a diario ducias de traballadores do sector, polo que seguiremos insistindo nas nosas denuncias e mobilizacións”.

Obras de Vigo

CIG tamén informou de que o martes, día 1 de Xuño, terán unha xun tanza coa Inspección de Traballo co fin de tratar sobre a situación das obras públicas que se están a realizar na cidade e o seu entorno, e cuxas condicións laborais tense denunciado reiteradamente: Plan Municipal, Auditorio de Vigo, AVE, Guixar, Eixo Atlántico, AENA ou Polígono de Nigrán. 

También te puede interesar