Deportes Vigo al minuto

Verducido, capital do piragüismo esta fin de semana

As promesas cadetes do piragüismo nacional danse cita esta fin de semana en Verducido. Os participantes na Copa de España Jóvenes Promesas Cadetes, para 1.000 metros, reuniranse no Centro Deportivo de Pontillón do Castro para deixar constancia das súas posibilidades ao tempo que gozarán dunha xornada de convivencia e deporte.

Un total de 76 clubes nacionais entre os que terán unha posición destacada os 26 da Federación Galega disputarán unhas probas distribuídas entre hoxe e mañá. A xornada matutina de hoxe comezou ás 09 horas coas fases de contra-reloxo de Home Cadete A en K-1 para logo ir pasando polas diferentes quendas dos C-2 e K-2. Xa o domingo terán lugar as probas de C-4 e K-4.

En Salvaterra

Mentres, o domingo Salvaterra  converterase no escenario idílico para a proba da Copa Galega de Slalom. O Rápido do Cordeiro, no río Tea ao seu paso por esta localidade, ofrecerá unha competición na que por primeira vez nesta tempada soamente será válida para a clasificación final a mellor das dúas mangas disputadas.

También te puede interesar