Galicia

O Pleno de Vigo,no que non hai wi-fi e nin un so ordenador, pedirá portátiles para os colexios públicos da cidade

 

Pleno del Concello de Vigo/Tresyuno ComunicaciónO grupo municipal socialista presentará ao pleno do luns unha moción na que se insta á Xunta a dotar a todos os centros públicos de Vigo de banda ancha para a conexión a Internet e que proceda, ademáis, a preparación do profesorado.

 Os socialistas ven o reparto de ordenadores levado a cabo pola Xunta coma un agravio e aseguran que “nin tan siquera sirve o argumento utilizado por Educación para xustificar a súa decisión”. A moción que se debatirá incide en que non parece axeitado que o goberno galego se esforce en sinalar as deficiencias dos colexios públicos para implantar o programa Abalar, que aspira a colocar un ordenador en cada aula. “É a súa obriga tratar de melloralas para que todos os alunos poidan disfrutar dos equipamentos informáticos”.

 A concelleira de Educación subliña que os colexios non son dos profesores, nin dos alunos, nin das asociacións de pais, sino que son da administración educativa polo que entende que para levar adiante un programa coma o citado primeiro “terá que dotar aos colexios públicos dos medios necesarios”.Os argumentos utilizados ao respecto pola Xunta son, a xuizo de López Atrio, “un exemplo preocupante da situación da educación pública actualmente”. É máis, asegura que o agravio que se denuncia non hai que cinguilo ao reparto de ordenadores senón que se extende aos criterios de elección. O delegado de Educación na provincia da Coruña explicou no seu momento que se elixiron máis centros concertados, nesa provincia, porque están mellor preparados e o profesorado mostrou maior interese. Por todo elo o que se reclama á Xunta é que dote aos colexios públicos dos medios e da formación necesaria para estar en igualdade de condicións.

 

 

También te puede interesar