Comarcas Galicia

Máis dunha tonelada de troita correrán por Ponte Caldelas

Era o ano 1967 cando o último domingo do mes de maio un grupo de amigos afeccionados á pesca vendo a cantidade de troitas que había nos ríos do concello deciden por en marcha unha festa que chega xa á súa 44 edición. Hoxe máis de 600 persoas quixeron arropar a este peixe na presentación da Festa da Troita de Ponte Caldelas, declarada de interés turístico e que terá lugar o vindeiro 29 e 30 de maio.

E un ano máis, ademáis de encher o bandullo, os participantes porán o seu graniño de area á sostenibilidade e no cuidado do medio ambiente. Por iso, no stand de degustación da Alameda poderán recollerse pratos, manteles e servilletas de materiais que favorezan a súa posterior conversión en compós xunto cos residuos orgánicos procedentes da degustación das troitas. Por outra banda, tamén se empreará alumeado de baixo consumo que o ano pasado xa supuxo un aforro de 2.000 euros para o concello na factura da electricidade.

A degustación popular das troitas, que manterá o prezo de 3 euros de anos anteriores para o peixe, pan, viño e taza conmemorativa de barro de agasallo, hoxe será de 19 a 22 horas, mentres que mañá poderá degustarse de 12 a 14:30 e de 19 a 21 horas. Calcúlase que esta fin de semana se repartirán preto de mil quilos de troita. Na parte lúdica non faltará a verbena e actuación de baile rexional, o festival folclórico ou o tradicional concurso de pesca. Pero non te perdas detalle do programa premendo aquí.

Hoxe, a partir das 09 horas será o concurso senior e veterano de Pesca Deportiva. Ademáis da degustación, a partir das 19:30 horas haberá a actuación do grupo de baile rexional Trouleada. Ás 20:30 horas haberá animación polas rúas coa charanga Apeles e, a partir das 23:30 horas, verbena coa orquesta Trébol.

O domingo o concurso de pesca de damas, xuvenil e infantil comezará ás 08:30 horas. Mentres dure a degustación haberá pasarrúas e o concerto na mesma alameda da Banda de Música Artística de Arcade. Ás 13 horas será a entrega de trofeos do campionato de pesca. E a partir das 19.00 horas, festival folclórico a cargo da banda de gaitas Os Coribantes de Buchabad, a Asociación Folclórica de Alba de Tormes, de Salamanca, e o Grupo de Danza da Asociación de veciños Barrio Ave María de Palencia.

También te puede interesar