Destacados Vigo al minuto

Talento de Lugo para promocionar o Casco Vello no mundo

TOSARO Pleno do luns nomeará ao actor lucense Luis Tosar embaixador honorífico do Casco Vello de Vigo coma primero paso dentro da campaña de promoción da zona histórica de Vigo en todo o Estado. O ganador de tres premios Goya da Academía de Cinematografía de España, que xa aceptou o nomeamento, non cobrará nada por dar a coñecer o barrio histórico vigués fora das fronteiras de Galicia e particcipará “sempre que a súa axenda o permita“ en todos os actos que promova o Concello.

 Así o anunciou hoxe o tenente de alcalde quen salientou que a idea é que o Casco Vello sexa un referente fora de Vigo. Santiago Domínguez sinalou que a recuperación do Casco Vello está acadada nun 80%, e lembrou que se teñen acometido diversas actuacións, como a mellora das rúas, a renovación do saneamento, a mellora do alumeado, a elaboración de plans de mobilidade, de ornamentación, así como a posta en marcha de plans de dinamización. “Pero é preciso ir máis alá, e para iso necesitamos buscar algo ou alguén que poda ser un icono do Casco Vello vigués”, apuntou.

 Aínda que Luis Tosar é de Lugo, coma no caso doutros ilustres lucenses que destacan polo seu traballo a prol da cidade, está moi encellado a Vigo con boa parte da súa vida cinematográfica, baste lembrar ‘Lena’ ou ‘Os luns ao sol‘. O actor, que hai uns días estivo no festival de Cans, viaxará a Vigo a recoller este nomeamento dentro duns días.

También te puede interesar