RGPD - Cookies
Comarcas Destacados

A ruta portuguesa do Camiño de Santiago comeza en Facebook

Mesturar novas tecnoloxías coas tradicións máis ancestrais normalmente da bos resultados. É o caso do Camiño de Santiago, cun perfil en Facebook do tramo que pasa por Tui e que xa ten máis de 2.000 seguidores na rede social. Todo un descubrimento para quen queira facer o Camiño, xa que ten información relacionada co Camiño de Santiago en xeral e sobre o roteiro portugués en particular.

Fotografías, teléfonos, enderezos, consellos, novas, vídeos… todos os contidos que poidas necesitar, ademais de ofrecer unha resposta personalizada a todas as preguntas que lles poidas plantexar. Un xeito eficaz para que os futuros peregrinos poidan chegar ao seu destino coa maior cantidade de información posible.

Unha das informacións máis buscadas polos usuarios que pretenden facer o Camiño luso este verán son enderezos e números de teléfono dos albergues que hai desde Tui a Santiago. Seis meses de traballo que comezaron coa amizade dos propios tudenses na rede social e que a partir de aí multiplicouse a gran velocidade.

También te puede interesar