Vigo al minuto

Se queren construir o Altamar no mesmo lugar que ocupa que se esquezan da Xunta

Lucía Molares/Tresyuno ComunicaciónA Xunta mantén a súa intención de construír o novo Colexio Altamar para o que xa dispón de 400.000 €. Así o asegurou hoxe a delegada territorial do goberno autonómico en Vigo quen volveu a solicitar ao Concello de Vigo a cesión dos terreos para poder executar a partida orzamentaria correspondente e realizar a obra. Lucía Molares deixou craro que dende a Consellería de Educación non se vai a aceptar a proposta que fixo pública o alcalde, de erixir o colexio na mesma parcela e negou que este acordo estivera ratificado. Ademais, aclarou que esta opción desbótase porque “non é viable técnicamente” e porque a parcela non reúne os requisitos técnicos necesarios acordes coa normativa establecida.

Molares sinalou que dende a Administración autonómica estanse atendendo as demandas en materia de infraestruturas educativas tanto na cidade de Vigo coma na súa área e que, tras valorar e analizar as peticións dos diferentes centros educativos de infantil e primaria e despois de realizar diversas visitas técnicas aos propios colexios para comprobar o estado dos inmobles, a consellería destinará 7,9 millóns de euros para actuacións nos centros vigueses e dos concellos da Área Metropolitana.

Na cidade, investiranse 4,2 millóns de euros para construír novos centros, ampliar os comedores escolares e realizar outras reparacións menores. Así, destinaranse un total de 2,9 millóns de euros para a nova construción dos CEIP Virxe do Rocío e CEIP Altamar ademais de adicar 1,3 millóns de euros para actuacións en centros xa existentes.

También te puede interesar