Destacados Vigo al minuto

Qué teñen en común a Duquesa de Alba e o Concello de Vigo?

Movilidade Reducida/Tresyuno ComunicaciónOs dous, xunto con Carrefour, La Sexta, e o Concello de Santander veñen de recibir o Premio Cocemfe, que otorga a Confederación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica, polo seu traballo a prol da mellora da acecsibilidade e integración das persoas con discapacidade.

O tenente de alcalde destacou hoxe que o mesmo salienta a labora do Concello pola posta en marcha de distintos programas “para solventar os problemas cos que se atopan as persoas con discapacidade“, valora o traballo realizado para fomentar a igualdade de oportunidades como a implantación do bono taxi e iniciativas comaVerán de lecer, “que permite aos mozos e mozas con discapacidade acceder ás actividades do tempo libre como o resto dos rapaces e rapazas.

Santiago Domínguez indicou que o premio tamén foi concedido pola implantación dos dispositivos de accesibilidade nas praias viguesase e a colaboración continuada desenvolvida coas entidades que traballan coas persoas con discapacidade.

O Concello foi proposto para o galardón, que se entregará o día 18 en Madrid, por Cocemfe Galicia que sinalou a Vigo como a cidade galega na que máis se ten feito por mellorar a accesibilidade.

También te puede interesar