Destacados Vigo al minuto

Qué teñen en común a Duquesa de Alba e o Concello de Vigo?

Movilidade Reducida/Tresyuno ComunicaciónOs dous, xunto con Carrefour, La Sexta, e o Concello de Santander veñen de recibir o Premio Cocemfe, que otorga a Confederación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica, polo seu traballo a prol da mellora da acecsibilidade e integración das persoas con discapacidade.

O tenente de alcalde destacou hoxe que o mesmo salienta a labora do Concello pola posta en marcha de distintos programas «para solventar os problemas cos que se atopan as persoas con discapacidade«, valora o traballo realizado para fomentar a igualdade de oportunidades como a implantación do bono taxi e iniciativas comaVerán de lecer, «que permite aos mozos e mozas con discapacidade acceder ás actividades do tempo libre como o resto dos rapaces e rapazas.

Santiago Domínguez indicou que o premio tamén foi concedido pola implantación dos dispositivos de accesibilidade nas praias viguesase e a colaboración continuada desenvolvida coas entidades que traballan coas persoas con discapacidade.

O Concello foi proposto para o galardón, que se entregará o día 18 en Madrid, por Cocemfe Galicia que sinalou a Vigo como a cidade galega na que máis se ten feito por mellorar a accesibilidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.