Deportes Vigo al minuto

Os alevíns do Club Baloncesto Seis do Nadal, campións do Zonal

O Alevín Masculino ‘A’ do Club de Baloncesto Seis do Nadal-Coia, adestrado por Carlos Rodríguez e Silvia Caíño, proclamouse campión do Zonal Alevín Masculino desta tempada. Un primeiro posto que os clasifica para o Campionato Galego na categoría alevín masculina que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro 29 de maio.

Minibásquet

A Federación Galega de Baloncesto celebrará tamén o vindeiro 29 de maio unha nova edición da Fase Final do Campionato Galego de Minibásquet, evento que determinará que dous equipos, en categoría masculina e feminina, resultan campións autonómicos desta categoría.

No Pavillón Vite de Santiago de Compostela, a partir das 09:30 horas da mañá, daranse cita os campións da categoría Minibásquet de cada unha das sete delegacións da Federación Galega de Baloncesto, así como os segundos clasificados das delegacións campioas absolutas na Fase Final da tempada 2008/2009 (a delegación de A Coruña en categoría masculina e a delegación de Arousa en feminina).

Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia estará presente nesta fase final co conxunto Alevín Masculino «A» do Seis do Nadal, xunto co Deporte Gestión BCA (A Coruña), Santa María Mar (A Coruña), C.B. Peixegalego Marín (Arousa), Ferrol C.B. (Ferrol), Cidade de Lugo (Lugo), Caixanova Rosalía (Santiago de Compostela) e Salesianos COB (Ourense).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.