Cultura Vigo al minuto

Recupéranse máis de 1.000 topónimos marítimos en tan só 60 quilómetros da costa

Especialistas e responsabeis dos museos marítimos de toda España reclamaron hoxe, no primeiro día das III Xornadas da Asociación de Museos e Centros de Patrimonio Cultural Marítimo de España que se celebran no Museo do Mar de Galicia, unha maior atención para o patrimonio marítimo intanxible, que comprende todos aqueles usos, representacións, coñecementos e crenzas, gastronomía marítima e nomenclaturas que forman parte do patrimonio inmaterial.

Para amosar a importancia desta labor, Xosé Lois Vilar, historiador e arqueólogo do Instituto de Estudios Miñoranos, falou dos máis de 1.300 nomes relacionados co mar que teñen recollido en tan só 60 quilómetros de costa dende a desembocadura do río Miño ata Nigrán. Destes 1.300 topónimos, máis de 1.000 non estaban rexistrados en ningún escrito coñecido, polo que corrían o risco de esquecerse para sempre xunto coa tradición oral.

Pero o traballo do Vilar e o Instituto de Estudos Miñoranos non foi o único exemplo exposto na xornada de hoxe: Miquel Martí, do Museu de la Pesca de Palamós, presentou por primeira vez en España un proxecto chamado ‘O espacio do peixe’, a creación dun novo centro adicado á recopilación e mostra de todos os saberes e coñecementos relacionados co peixe e a cociña tradicional e mariñeira catalana. Ademáis, exporanse nel platos de degustación que van variando dependendo das temporadas.

A xornada de mañá centrarase na situación actual e no futuro da arqueoloxía subacuática española. Entre as intervencións, destaca a do ex director do Centro Nacional de Arqueología Subacuática de Cartagena, Rafael Azuar, quen disertará sobre o Libro Verde que establece as bases da política da arqueoloxía subacuática en España. Ademáis, na mesa redonda, que terá lugar ás 11.30 h, participará a directora do Centro de Arqueología Subacuática de Andalucía, Carmen García Rivera, quen posúe gran experiencia en situacións de crise coma a vivida no caso do barco ‘Odyssey Explorer’ e o chamado “tesouro do Atlántico”.

También te puede interesar